














ad infinitum
Sen buscar, ás veces, acontece a contemplación. Na escaleira dilúense as coordenadas, as formas, o racional e as referencias espazo-temporais deixándonos unha sensación de vacío, de desequilibrio, transformación e transición que é case unha metáfora da propia vida.
E neste espazo perdido, nun dos non lugares polos que transitamos, onde ocorre a maxia: abraiarnos coa marabilla. Con un labirinto cotiá que torna mitolóxico, no que perdemos pasos ao ritmo dun palpitar estético mentres o tempo se encaracola como unha orella de mar.
Os humanos, as veces, tamén facemos fibonaccis.
Roubar nunha captura xeometría pura.
Entón acontece a beleza.
Espazo e tránsito
Dende que Marc Augé teorizara a principios dos anos noventa sobre os
espazos de anonimato na cidade, o urbano e o non-lugar téñense convertido no terreo máis transitado da arte contemporánea. No relativo á fotografía, dende os anos setenta coa exposición no MOMA “Photographs by William Eggleston”, os espazos marxinais foron postos en valor e artellaron novas visións da sociedade capitalista cun prisma cínico e duro.
“Un mundo onde se nace na clínica e se morre no hospital, onde se multiplican, en modalidades luxosas ou inhumanas, os puntos de tránsito e as ocupacións provisionais (cadeas de hoteis, habitación ocupadas ilegalmente, cidades de vacacións, campos de refuxiados, barracas miserables destinadas a desaparecer ou a degradarse progresivamente) onde se desenvolve unha apertada rede de medios de transporte que son tamén espazos habitados, onde o habitual dos supermercados, dos distribuidores automáticos e das tarxetas de crédito renova con xesto de comercio “de oficio mudo”un mundo así prometido a individualidade solitaria, ao provisional e ao efémero, a paisaxe, propón ao antropólogo e tamén aos demais un obxecto novo cuxas dimensión inéditas convén medir antes de preguntarse dende que punto de vista se pode xulgar.” (Augé, Os non lugares)
ad infinitum é un ensaio fotográfico que documenta un espazo limítrofe cos non-lugares, que é a súa vez un dos elementos arquitectónicos máis relevantes para a edificación: a escaleira. Unha construción deseñada para unir espazos a distintas alturas que é considerado inicialmente un elemento de circulación, máis que tamén é un dos espazos máis orgánicos, esculturais e creativos para a arquitectura.
A escaleira considérase un espazo de tránsito, aínda que ao conservares en moitos casos un carácter privado segue preservar a súa intimidade. Un nexo entre rúa e fogar. No presente tende ao desuso: a auxe do elevador na edificación residencial levouna cara un segundo plano.
É por iso que este traballo se achega ao inicio da decadencia, cun análise de espazos que van do século XIX até mediados do SXX. Escaleiras principalmente helicoidais que pasan do artesanal ao art decó, atravesando as correntes estéticas que marcarán o desenvolvemento arquitectónico de cada época. As escaleiras retratadas, refiren ao “basso continuo” que cita na súa obra Augé, ideado por Starobinski, que utiliza para evocar “os lugares e os ritmos antigos, que non son borrados pola modernidade, senón que fican nun segundo plano. Son indicadores do tempo que pasa e que sobrevive.” Camadas de construcións en estratos coma tempos superpostos: ver un universo en simultáneo dende todos os ángulos inmersos na soidade da etoloxía humana contemporánea, capturando unha historia de paso, de perda ao longo do tempo.
As imaxes tamén se abren a unha cuestión transcendental: o devir da comunidade.
Se Augé fala de como o capitalismo individualiza e de aí xorden os non lugares, as fotografías deste proxecto pregúntan sobre como era habitar no século XIX, nos anos 50, ou como o é na actualidade. De como era compartir espazos non de tránsito, senón de encontro, nos que as relación humanas se foron deshumanizando.
Neste ensaio móstrase o abraio producido pola sublimación da beleza que acontece xusto antes de que algo esmoreza. A estética do ocaso, o camiño dos deuses cara o Walhala ou o doce e abafante cheiro das follas a podrecer nun bosque no inverno.
Memento More. Danzar coa morte e así lembrar que existe. No ensaio de 1919 “Máis aló do principio do pracer” Freud falaba da relación entre Eros e Thanatos, un como amor ou desexo e o outro como auto-destrución e sufrimento, unha dobre pulsión da vida e cara a morte, pulsións opostas que loitan dentro da psique do ser humano e que explican tamén o pracer no terrorífico. A beleza das imaxes recórdanos que
todo pasa. Que non podemos controlar o tempo. Cara un documental romantizado Bernd e Hilla Becher son o referente máis directo deste proxecto. Após fotografar edificios industriais seguindo pautas moi definidas durante máis de cincuenta anos, a súa motivación non deixaba de posuír unha alma romántica. “Se tes un interese de orde romántico é preciso dar unha interpretación clara e sobria do motivo. Eu creo que no fondo todos temos motivacións sentimentais ou románticas. A
clasificación é o procedemento máis certeiro.”
Cando os Becher falan da súa obra, afástanse da pos-modernidade para achegarse máis ben a fotografía do século XIX, ad infinitum toma esta idea por momentos anacrónica, afastada das liñas conceptuais de gran parte da fotografía contemporánea, achegándose ao elemento dende unha visión máis “romántica” na busca dunha visceralidade estética: o contraste, a trepidación ou a xeometría no bidimensional achéganos a espazos próximos ao surrealismo. A metodoloxía so permite dúas opcións: habitar o espazo ou profanalo. A sublimación dunha beleza
caduca debe ser fugaz e subxectiva.
Máis afastarse da pos-modernidade so é posible facelo no estético: unha banal colección de imaxes estetas illadas de contexto. Quizás o interesante sexan as preguntas que xorden de cada unha das imaxes. Cuestionarse a propia personalidade de cada espazo, de quen o habitou e da pegada que fica.
Descóbrese así a escaleira metafórica e escultórica. Unh orror vacuii que xorde do parto dunha arquitectura do infinito na que, aínda que as imaxes se podan observar de forma analítica, unha sensación de ausencia de realidade, de espazos imaxinarios debuxados por Escher baixo unha perspectiva de movemento e artesanía suprema permanece soterrada. Unha que perspectiva transforma o espazo en formas abstractas, en formas feitas de xeometría, en formas que se perden nun continuum espazo-temporal cun efecto hipnótico, onírico e surrealista.
ES Ad infinitum Sin buscar, a veces, sucede la contemplación. En la escalera las coordenadas, las formas, las referencias racionales y espacio-temporales se diluyen, dejándonos una sensación de vacío, de desequilibrio, de transformación y de transición que es casi una metáfora de la propia vida. Y en este espacio perdido, en uno de los no-lugares por los que transitamos, donde ocurre la magia: asombrarnos con asombro. Con un laberinto cotidiano que se vuelve mitológico, en el que perdemos pasos al ritmo de una palpitación estética mientras el tiempo se enrosca como una espiga de mar. Los humanos, a veces, también hacen fibonaccis. Robar en una captura geometría pura. Entonces sucede la belleza. Espacio y tránsito Desde que Marc Augé teorizó a principios de los noventa sobre los espacios de anonimato en la ciudad, lo urbano y el no-lugar se han convertido en uno de los terrenos más transitado del arte contemporáneo. En cuanto a la fotografía, desde los años setenta con la exposición del MOMA “Fotografías de William Eggleston”, se valorizan los espacios marginales y se articulan nuevas visiones de la sociedad capitalista con un prisma cínico y duro. "Un mundo donde naces en la clínica y mueres en el hospital, donde multiplican, de forma lujosa o inhumana, puntos de tránsito y ocupaciones temporales (cadenas hoteleras, habitaciones ocupadas ilegalmente, ciudades de vacaciones, campos de refugiados, chabolas miserables destinados a desaparecer o a degradarse progresivamente) donde se desarrolla una tupida red de medios de transporte que son también espacios habitados, donde lo habitual de los supermercados, distribuidores automáticos y tarjetas de crédito renueva con un gesto de comercio "officio mute" un mundo así prometido a la individualidad solitaria, a lo provisional y efímero, el paisaje, propone al antropólogo y también a los demás un objeto nuevo cuyas dimensiones inéditas conviene medir antes de preguntarse desde qué punto de vista se puede juzgar.” (Augé, Los no lugares) ad infinitum es un ensayo fotográfico que documenta un espacio limítrofe con los no lugares, que es a su vez uno de los elementos arquitectónicos más relevantes para el edificio: la escalera. Una construcción diseñada para unir espacios a diferentes alturas que inicialmente se considera un elemento de circulación, más que también es uno de los espacios más orgánicos, escultóricos y creativos para la arquitectura.