CALIXE
(04)




[Escolma de imaxes]



O límite é o verdadeiro protagonista do espazo.
O presente, outro límite, é o verdadeiro protagonista do tempo.

María do Cebreiro

Calixe afonda na tensión entre o instante e a permanencia.
O acto fotográfico aparece como un xesto paradoxal: capturar
o efémero para arrastralo cara a unha forma de eternidade, 
a través dunha parálise irreal.





As imaxes constrúense desde o desprazamento —a través da xanela dun vehículo en movemento—, nun tempo mínimo no que a luz atravesa o 
obturador e debuxa no sensor un código binario. 








A paisaxe emerxe así nunha atmosfera densa, onde a néboa non só oculta, senón que configura o visible. Capturar o efémero. Arrastralo ao eterno. Manter unha tensión desbordante, perdida nunha atmosfera onírica, quizais paradisíaca. Ou quizais nun abismo ao que miramos ata sentir como nos devolve a mirada.


O proxecto insístese nun retorno, tanto visual como conceptual, 
a unha estética posromántica, caduca e obsoleta. 
A mirada aproxímase ao éxtase stendhaliano provocado por unha beleza moribunda, construíndo unha relación coa natureza desde o novecentismo: unha natureza atrapada nunha falsa idea de control, da que só permanecen ruínas. 





Neste contexto, a referencia musical —especialmente o universo de Mahler 
e o seu Um Mitternacht sobre texto de Friedrich Rückert— introduce unha dimensión afectiva atravesada pola inmobilidade e a noite:




Um Mitternacht
Hab’ ich gewacht
Und aufgeblickt zum Himmel;
Kein Stern vom Sterngewimmel
Hat mir gelacht
Um Mitternacht
A medianoite
espertei
e mirei ao ceo;
ningunha estrela
me sorriu
a medianoite







A imaxe convértese así nun espazo de tensión entre o que aparece e o que se perde. Unha beleza construída desde a nostalxia, asumindo o paso do tempo, habitando o esgotamento e o renacer do salvaxe.









© Ⅿiguel Auria / 2026
Tódolos dereitos reservados