tlf.
@miguel.auria
miguelauriafotografia@gmail.com
+34 666 787 665
A miña formación alicérzase en dúas áreas (a música e a fotografía) que dialogan dun xeito paradoxal: a música como arte baseada na intanxibilidade e na necesidade do tempo, frente a fotografía que pretende, precisamente, vencer o tempo: inmortalizar o efémero e facelo tanxíbel nun plano bidimensional.
Movido pola vontade de preservar o pouso das melodías, utilizo a cámara.
É, tal vez, o desexo de salvar a memoria.
Constrúo relatos dende a nostalxia, que se vertebran ao redor de personaxes extemporáneas, como Mahler ou Zweig, conscientes de que o universo ao que pertencen xa non existe. Mergullado na atmosfera postromántica da música do século XIX, experimento coa imaxe para reconstruir pegadas, para representar imaxinarios oníricos, apenas formas, sombras e texturas de memoria.
Retornar é unha empresa imposíbel. Porén, porfiar no relato axúdame a atopar matices, a ampliar o pentagrama, a crear un lugar (unha ficción, aínda que sexa) que nos protexa, un non-lugar para a sensibilidade; a aura dunha época pasada que nos ampare frente as incertezas da posmodernidade: unha melodía visual, que calma, aínda que non nos salve.
CV- ESCOLMA
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
Exposición colectiva no COMEL ART PRIZE Aluminio, La Forza Silenziosa, Latina, (Italia)
Exposición colectiva no Palazzo Isimbardi,
Pavía (Italia)
Exposición colectiva na Galería Dupla: Nada Sucede Dos Veces, Santiago de Compostela
Exposición de propostas VEGAP23 no Centro de Arte Contemporánea Conde Duque, Madrid
Seleccionado para o Premio Rei En Jaume, con exposición na sala do Concello de Calvià en Mallorca
Seleccionado para o XXVI Premio Internacional de Fotografía Rafael Ramos García, con exposición no Espazo Cultural La Capilla, La Laguna, Santa Cruz de Tenerife
Seleccionado para o Premio Internacional de Fotografía Cidade de Las Palmas de Gran Canaria, con exposición no Museo Castelo de Mata
Seleccionado para o LIII Certame Nacional de Arte de Luarca, con exposicións durante 2022–2023 en diferentes sedes de Asturias
Seleccionado para o Premio de Fotografía Cidade de Badaxoz, con exposición no Museo da Cidade Luis Morales
Seleccionado para a exposición no XXIV Premio de Artes Visuais La Brocense (Deputación de Cáceres)
Seleccionado para o XIII Certame de Artes Visuais da Deputación de Ourense, con exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel
2014
Seleccionado para a exposición na XIII Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa, celebrada no Museo de Arte Contemporánea da Coruña
Seleccionado para o premio de Artes Gráficas 23PMR Máximo Ramos, con exposición no Centro Torrente Ballester de Ferrol
PROXECTOS CURATORAIS
Residencia artística no Pazo de Mariñán en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes; coordinación do proxecto para a EASD Antonio Faílde (Departamento de Fotografía)
PUBLICACIÓNS
XXVI Premio Internacional de Fotografía Rafael Ramos García
Calixe III, incluído no catálogo do Premio de Fotografía Cidade de Badaxoz
texto e imaxes en Caleidoscópica, Caderno de Fotografía nº3
Caleidoscópica, Caderno de Fotografía nº 2
revista sobre fotografía e teoría fotográfica
ISSN 2792-3606 (7 números)
Texto e imaxes en Caleidoscópica, Caderno de Fotografía nº1
Winterreise ou a Viaxe de Inverno incluído no catálogo do XIII Premio de Artes Visuais da Deputación de Ourense
incluído no catálogo do premio 23PMR Máximo Ramos
Nacht, incluído no catálogo da XIII Mostra Gas Natural Fenosa
DEMO Magazine
ISBN 978-84-697-0650-3
FORMACIÓN
Conservatorio Profesional de Música de Ourense
(UNED)
dirixido por Benjamin Chenier, Escola Superior de Música e Artes Escénicas do Porto
Universidade Internacional da Rioxa
Máster en Xestión Cultural,
Universidade de Alcalá de Henares
especialidade en Fotografía Artística, EASD Antonio Faílde, Ourense
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Bolsista, JONDE Xove Orquestra Nacional de España
Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia
EXPERIENCIA PROFESIONAL
(Santiago de Compostela), Departamento de Fotografía
Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra EAEM
Conservatorio Profesional de Música Mestre Ibáñez
(Monforte de Lemos)
Berlin Classic Players Orchestra
© Ⅿiguel Auria / 2026
Tódolos dereitos reservados
Tódolos dereitos reservados