04/NIHIL
[Escolma de imaxes]
En Nihil, a imaxe xorde no límite da percepción. A través da xanela dun tren en movemento, a paisaxe devén tránsito, fragmento, interrupción. Nun lapso de tempo inferior a un segundo, a luz atravesa o obturador e inscríbese no sensor como un código binario, fixando unha imaxe atravesada tanto pola intención como polo accidente.
A fotografía como corte: unha operación que secciona o continuo espazo-tempo do real e produce un resultado necesariamente aberto. O misterio do acto fotográfico reside precisamente nesta capacidade de interromper os límites do visible, e introduce a aleatoriedade como condición estrutural.
O proxecto constrúese desde unha lóxica sinestésica, na que a experiencia musical opera como matriz. A partir do cuarto movemento (Sehr Langsam. Misterioso. Durchaus ppp O Mensch) da Sinfonía nº 3 en re menor de Gustav Mahler, a imaxe incorpora unha temporalidade suspendida, feita de pausas, silencios e illamento.
Este movemento, titulado polo propio Mahler O que me di a noite, recolle o texto Das trunkene Lied de Así falou Zaratustra de Nietzsche, estruturado en frases breves separadas por longos intervalos.
Oh Mensch! Gieb Acht!
Tief ist ihr Weh–,
Lust tiefer noch als Herzeleid:
Weh spricht: Vergeh!
Doch alle Lust will Ewigkeit –,
will tiefe, tiefe Ewigkeit!
Profunda é a súa dor –,
o pracer máis profundo aínda ca a pena:
A dor di: Pasa!
Pero todo pracer quere eternidade –,
quere profunda, profunda eternidade.
Estas sonoridades profundas, marcadas pola pausa e a contención, tradúcense nunha visualidade que suspende o tempo e fractura a continuidade perceptiva.
Nihil sitúase así nun mundo en tránsito.
© Ⅿiguel Auria / 2026
Tódolos dereitos reservados
Tódolos dereitos reservados