03/POÉTICAS PARA
A MEMORIA DUNHA
GUERRA ALLEA




[Escolma de imaxes]









Este proxecto constrúese desde a distancia: 
unha distancia que transforma a guerra de Bosnia nunha lembranza difusa, nun eco que persiste máis alá da experiencia directa.







A súa presenza maniféstase como unha pulsión, semellante á melodía dunha radio escoitada na infancia: fragmentaria, imprecisa, atravesada pola emoción. A narración non se formula como reconstrución, senón como tentativa de aproximación a unha experiencia íntima, abafada nunha atmosfera escura e densa, onde resoa unha pregunta mal formulada, perdida nos espazos do inconsciente.












A cámara permite apresar a paisaxe durante o traxecto cara a Saraxevo e transformala nunha ensoñación. O que permanece é apenas un arquivo dixital: un rexistro que conserva o viés do ollar, certa dor, e unha forma de éxtase stendhaliana provocada por unha beleza agonizante.




As imaxes operan así como restos, como fragmentos dunha realidade non asimilada, na que a historia e a memoria se entrelazan sen chegar a resolverse.

Tal vez, un retrato do que non comprendo.




Poéticas para a memoria dunha guerra allea
Firmado e numerado

Publicado por Dispara
1ª edición 200 copias
Texto: Charo Lopes
Galego/Inglés

Formato 
Tapa branda 
Páxinas
Papel 

Impresión
ISBN 
Dep Legal
21x28 cmCosido singer56 Arena bulk 90gr
Agencia Gráfica
9788412915303
PO 302-2025

Consígueo aquí ↗













© Ⅿiguel Auria / 2026
Tódolos dereitos reservados